El tiempo
sábado. 13.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA OURENSE

Previa | Novo choque directo para o Senior

Piñeira Seca CF –  Pabellón CF (O Touzal; domingo 25, 16:15 horas):

Nova cita directa para os pabellonistas coa visita a un rival que o supera nun punto na táboa clasificatoria e que está fóra do extenso cupo de descenso no Grupo 2º da Segunda Galicia.

O conxunto que adestra Toño Sanmartín non poderá contar por lesión con Iván e Sandro, mentres que Diego Mael serán dúbidas ata última hora. Todo isto á espera do derradeiro adestramento na noite deste venres.

A escuadra capitalina acumula tres xornadas consecutivas sen perder e ubicado na décima posición da clasificación con 28 puntos. Sumar os tres puntos nesta complicada saída sería un bo golpe para o equipo.

O Piñeira Seca sumou catorce puntos no campo de O Touzal tras obter tres triunfos, cinco empates e dúas derrotas nas que anotou 20 goles e recibiu 14. No seu feudo soamente gañaron Córgomo (1-3) e Soutopenedo (0-1).

No choque da primeira volta disputado no campo Miguel Ángel-Os Remedios rexistrouse un triunfo pabellonista por 2-0.

O partido será arbitrado por José Manuel Pérez Argos. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 20.

Previa | Novo choque directo para o Senior