Previa | Esixente proba para o Xuvenil "A"

CD Lugo – Pabellón CF (A Cheda; sábado 5, 18:00 horas):
Partido complicado o que se lle presenta ao conxunto pabellonista na quinta xornada da Liga Nacional, un rival que a pasada campaña militaba na División de Honra e na que non puido manter a categoría.
Os lucenses suman 4 puntos como consecuencia dun empate co Coruxo (1-1) e unha vitoria a domicilio no campo do Bertamiráns (1-3) e despois de caer na xornada inaugural a domicilio no Arousa "B" (1-0) e na pasada na Cheda cun Racing Ferrol (0-2), seguinte rival dos branquiverdes, cunha marcha intratable tras gañar todos os partidos celebrados.
Nos branquiverdes seguen sendo baixas por lesión Joel e Lucas, ao tempo que con diversas molestias Youness, André e Álex Riveiro serán dúbidas ata última hora á espera do último adestramento semanal deste venres. David, cumplida a sanción dun partido, estaría dispoñible para os técnicos.
Para dirixir o partido está designado Jorge Méndez López, asistido nas bandas por Seco Barreira e Fernández Pita, do Colexio de Lugo.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 5.