Previa | Dura cita do Xuvenil "A"
Pabellón CF – RC Celta "B" (Os Remedios; domingo 28, 12 horas):
Partido moi complicado para os branquiveredes coa visita aos Remedios da escuadra celeste na vixésima xornada dentro da segunda volta da Liga Nacional Xuvenil.
Os de Iván Alonso e Brais Silva chegan a este partido colocados na décimo segunda posición con 20 puntos.
Para este partido seguen sendo baixas por lesión Samuel e Manu Cougil, mentres Machaca estará dispoñible, ao igual que o resto da plantilla a falta do adestramento deste venres, despois de cumprir sanción na pasada xornada por acumulación de amonestacións.
Rival en racha
Mentres o Célta "B" é segundo na táboa clasificatoria con 45 puntos, a sete do líder Deportivo "B". Os olívicos chegan a Ourense cunha racha de nove partidos consecutivos sen perder e nos que soamente cederon un empate.
Lonxe da Madroa gañaron sete partidos, empataron dous e só perderon nunha ocasión. Anotaron 24 goles e encaixaron 8.
O partido será arbitrado por Xabier González Castelao, asistido nas bandas por Cabano Docasar e Losada Gutiérrez, todos eles do Colexio de Ourense.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 20.