El tiempo
domingo. 21.07.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA OURENSE

Previa | Difícil visita do Senior ao líder

CD Viana – PCF Senior (As Carrelas; domingo 21, 16:15 horas):

O conxunto pabellonista iniciará a segunda volta na Segunda Galicia cunha longa viaxe ata Viana do Bolo para enfrontarse ao líder do Grupo 2º.

Os rapaces de Toño Sanmartín, que por diferentes motivos non poderá contar con Iago Nieto, Mael e Luis, son undécimos na clasificación con 21 puntos.

O Viana encabeza a táboa deste grupo con 37 puntos e polo tanto nestes momentos ocupa praza de ascenso directo.

As Carrelas, un fortín

No seu campo os vianeses soamente cederon un empate -o Antela "B"- nos oito partidos que levan disputados, polo que suman sete triunfos nas Carrelas, onde anotaron 30 goles e encaixaron 9. Javier García é o máximo anotador do grupo con 12 dianas.

No partido que abría a termpada na primeira volta no campo de Os Remedios o Viana vencera por un solitario tanto (0-1).

O partido será arbitrado por Carlos Quintas Lorenzo. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 16.

Previa | Difícil visita do Senior ao líder