Previa | Derbi para un Xuvenil "A" en modo hospital

Pabellón CF – UD Ourense (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 26, 12:00 horas):
O inicio da segunda volta no Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil ofrecer un derbi local entre Pabellón e UD Ourense con dous equipos situados na parte alta da táboa clasificatoria.
Os de Iván Alonso, en posto de ascenso ocupando o terceiros posto con 36 puntos, chegan a esta cita despois dunha racha de catro partidos sen perder nos que sumaron dúas vitorias e dous empates.
Para este choque os branquiverdes recuperan a Ander, tras cumprir sanción, e amén das baixas para toda a tempada de Álex Riveiro e Joel Pacios, a enfermería ten moitos inquilinos: Youness, David, Lamús, Martínez e Jorge, á espera do último adestramento deste venres e que algún deles poida entrar na convocatoria.
Pola súa parte, o cadro unionista é quinto clasificado con 31 puntos, os memos que ten o Racing, nestes intres en praza de ascenso, e cun de diferenza sobre Coruxo e Lugo, co que perderon na pasada xornada finalizando cunha serie de seis partidos encadeados sen perder.
A domicilio a UD Ourense sumou 13 puntos derivados de catro vitorias, un empate e catro derrotas, anotando 10 goles e recibindo 16.
Adam Rodríguez Delgado será o encargado da arbitraxe, asistido nas bandas por Alcázar González e Fernández Carballo, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 18.