Previa | Choque directo para o Senior
Atlético Trelle – Pabellón CF (A Costoira; domingo 17, 12:00 horas):
Partido destacado na mañá do domingo na oitava xornada da Terceira Futgal-Grupo 1º entre dous equipos que loitan por dar o salto de categoría e cun punto de separación entre ambos con vantaxe pabellonista.
O Atlético Trelle (11 puntos), fundado no ano 2023, soamente disputou dous partidos como local nos que obtivo una vitoria, sobre o Covadonga (3-0) na xornada inaugural, e unha derrota co Amoeiro (0-3).
Para os de Toño Sanmartín (12), aos que lle seguen perseguindo as lesións, trátase dunha cita importante para, polo menos, manterse na zona de promioción e sen perder de vista ao Moreiras (15), líder en solitario. Adaptarse á superificie de terra do campo será primordial para sumar na Costoria.
Para este partido non estarán son baixa por distintos motivos: Luis, Cacha, Dani, Miguel Ángel e Pibe, o último inquilino da enfermería. Mejuto será dúbida ata última hora. A novidade positiva é a incorporación de Román Vesprini, xogador de banda procedente do CD Maceda.
O árbitro designado para o partido será Pablo Lamelas Belmonte. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 8.