SEGUNDA FUTGAL

Previa | Cenlle, próxima parada do Senior

CD Cenlle - Pabellón CF (Rúa Nova; domingo 5, 17:00 horas):

Na quinta xornada da Segunda Futgal o Pabellón rinde visita ao Cenlle, un rival que suma 4 puntos, un máis que os branquiverdes.

O conxunto cenllés gañou no partido que abría o campionato en Taboadela (0-3) pero nos tres seguintes soamente foi capaz de sumar un empate a domicilio co Piñeira Seca (1-1) e no medio desa confrontación perdeu os dous partidos no seu campo contra Rayo 21 (0-1) e Toén (0-2).

Os de Toño Sanmartín afrontarán a cita na búsqueda de sumar un marcador positivo despois de dúas xornadas consecutivas en branco. Non estarán dispoñibles Jorge, Xoel, Óscar, Rubén e Moure, ao tempo que Guzmán é dúbida á espera do último adestramento semanal deste venres. O técnico recupera a Luis e Jhonny Merlo.

José Luis Fernández Froiz é o colexiado designado para este partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 5.