DERPORTE INCLUSIVO

Presentado o Pabellón Inclusivo

inclusive 4
inclusive 4

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu hoxe a presentación dun novo equipo, o Pabellón Inclusivo, que, co apoio da Deputación Provincial de Ourense, contribúe a construír unha provincia máis “igualitaria e xusta”, segundo afirmou o presidente da Deputación, Luis Menor, neste acto no que estivo acompañado polo tenente de alcalde de Ourense, Aníbal Pereira; o responsable do Servizo de Deportes da Xunta de Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Fútbol, ​​Pablo Prieto; e o presidente do Pabellón CF, Fernando Martínez.

Este nuevo equipo está integrado por 24 mozos, homes e mulleres, procedentes de tres residencias da Fundación San Rosendo: Os Milagros de Baños de Molgas (15 xogadores); Monterrei do Pereiro de Aguiar (5 xogadores) e Valverde de Allariz (4 xogadores).

Este sábado 11 de abril o campo Miguel Ángel acollerá, en horario de 10 a 14.30 horas, a segunda edición de  "A Nosa Champións Fútbol" baixo a organización do Pabellón Club de Fútbol xunto coa Real Federación Galega de Fútbol. Trátase dunha competición específica para persoas con discapacidade intelectual na que se premia a participación e non o resultado e coa que se busca darlle a persoas con diferentes capacidades a posibilidade de practicar o deporte que tanto lles gusta.

O Miguel Ángel acolle este sábadio a 1ª xornada de A Nosa Champions Fútbol
O Miguel Ángel acolle este sábadio a 1ª xornada de A Nosa Champions Fútbol

A pasada edición contou coa participación de 6 equipos e nesta a inscrición elevou a 12 o número de conxuntos participantes. O Pabellón Club de Fútbol é un dos novos clubes para este nova campaña. CD Lugo, Eirís SD, EFM Concello de Boiro, Fundación RC Deportivo, Ortigueira FC, Pabellón CF, Racing Club Ferrol, Racing Club Villalbés, RC Celta, SR Calo, Torre SD e Vilagarcía SD son os participantes nesta edición.

A aposta da Federación por A Nosa Champions é absolutamente decidida. Por segundo ano a Xunta Directiva acordou subvencionar o 100% das licencias de todos os participantes e tamén a arbitraxe de todas as xornadas.Unha novidade importante deste ano é que desta competición sairá a Selección Galega Genuine que participará no Campionato de España de fútbol praia.

VER MÁIS INFORMACIÓN.