CLINIC RC CELTA-PABELLÓN CF

Presentado o Clinic RC Celta-Pabellón CF de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella,  acolleu este mércores a presentación oficial do Clinic RC Celta–Pabellón CF, unha actividade formativa que unirá durante o Nadal o traballo conxunto entre ambas entidades.

No acto estiveron presentes o presidente do Pabellón CF, Fernando Lamas; o conselleiro e exporteiro do RC Celta, Sergio Álvarez; o responsable de desenvolvemento de negocio do club vigués, Fernando Iturbe; e o director das escolas celestes, Manu Gómez.

Cada un deles foron desmenuzando o desenvolvemento da actividade e salientaron a importancia de seguir xerando oportunidades de crecemento para os máis novos da provincia. Tamén entregaron unha camiseta do conxunto olívico ao presidente pabellonista.

Sergio Álvarez entrega unha camiseta do RC Celta ao presidente pabellonista
Sergio Álvarez entrega unha camiseta do RC Celta ao presidente pabellonista

Jorge Bermello, presidente do C.C. Ponte Vella, e conselleiro de Electrodomésticos Bermello, un dos principais patrocinadores do club, tamén asistiu ao acto como convidado.

O clinic, dirixido a nenos e nenas desde a categoría prebenxamín ata infantis, desenvolverase no campo Miguel Ángel–Os Remedios os días 22, 23, 24 e 26 de decembro, en horario de 9:30 a 14:00 horas. A actividade ofrecerá contidos formativos adaptados a cada grupo de idade, combinando sesións técnico-tácticas con dinámicas lúdicas propias do período vacacional.

As inscricións xa están abertas, cun 10% de desconto para os xogadores do Pabellón CF e Pabellón Promesas, reforzando así a implicación do club en facilitar o acceso a experiencias formativas de primeiro nivel.

VER MÁIS INFORMACIÓN