Tempada 2023-2024
Presentadas as novas equipacións aos patrocinadores
A Xunta Directiva presentou aos catro principais patrocinadores privados -Aceites Abril, A Cen Logística, BricoCentro e La Región- as vestimentas da marca deportiva Joma que lucirán todos os equipos, tanto do Pabellón Club de Fútbol como do CD Pabellón Promesas, a partir da próxima tempada 2023-2024 e durante dúas campañas cunha prorrogable como foi o caso do último trienio.
As novas vestimentas, tanto na branca como na verde, tamén lucirán os logos do Consello Municipal de Deportes, Deputaciòn de Ourense, Xunta de Galicia, Deporte Galego e CO.SA.GA.
A Xunta Directiva quere agradecer a todos os patrocinadores e colaboradores o apoio que dan a un club dedicado ao fomento do fútbol base ao longo dos 50 anos que ten.