Copa Deputación

Os penaltis colocan ao Senior nos cuartos de final da Copa Deputación

Por segunda vez, na Copa Deputación, o Pabellón clasificouse para os cuartos de final ao superar na quenda de penaltis ao Cortegada nun partido que rematou con empate. Os nosos dilapidaron unha renda de dous goles cando o rival xogaba cun home menos: (2-2)

Os de Luis Parada xa eliminaran na anterior rolda ao Atlético Villarino e nesta ocasión volveron a sair airosos desde os once metros, onde o meta branquiverde Bruno, que entrou nos últimos minutos desde o banquillo, detivo tres lanzamentos do rival. Os locatarios anotaron tres por medio de Iván, Zack e Izan de catro disparos (3-0).

É a terceira ocasión na que os branquiverdes gañan unha rolda nos penaltis, xa que na primeira eliminatoria da fase de ascenso á Primeira Galicia tamén superaran ao Ribadavia Atlético dende os once metros.

Ata os primeiros vinte e cinco minutos da primeira metade os pabellonistas tiveron o control do partido, cun par de ocasións de perigo. A partir de ahí chegaría unha fase duns dez minutos nos que empurrou máis o Cortegada. tendo que intervir Martín en dúas oportunidades.

Tamén houbo un balón á madeira dos visitantes. Logo, os de Luis Parada recuperaron o control do partido tendo unha gran oportunidade Tumbeiro cun disparo que petou no poste. Sen goles, chegouse ao descanso.

Os capitáns de ambos equipos xunto á colexiada do encontro

Segundo tempo

O paso por vestiarios sentoulle ben aos nosos, que mediado este periodo conseguirían tomar unha vantaxe de dous goles anotados por Iker e Pablo, no segundo deles acarreando unha expulsión de Gabriel no Cortegada. Con esa renda e cun menos parecía que o choque estaba moi encarrilado, pero tres minutos máis tarde o rival conseguiría meterse no partido con tanto de Totti.

E as cousas torcéronse cando oito minutos despois chegaba a igualada visitante cun tanto de Christian. A partir de ahí o enfrontamento abriuse para calquera pero o marcador non se movería máis. Nos minutos finais o técnico local Luis Parada deu entrada ao meta xuvenil Bruno, que acabaría sendo o protagonista nos penaltis.

O meta Bruno entrou nos últimos minutos para a quenda de penaltis detendo tres (Foto @ZonaCantera)

Sorteo

Este luns (20 horas) será o sorteo ne Delegación da RFGF en Ourense da eliminatoria de cuartos de final, novamente a partido único no campo do equipo que saia en primeiro lugar no emparellamento.

Os equipos clasificados, ademáis do Pabellón, son: Viana, Sporting Carballiño, Allariz, Maside, Ribadavia Atlético, por renuncia da UD Ourense, e Nogueira. Falta coñocer o gañador do Antela-Barbadás que se xogará o mércores (21 horas) no campo da Moreira. VER RESULTADOS DOS OCTAVOS DE FINAL.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2+3): Martín (Bruno, m.86), Aldán (Iván, m.65), Ron, Manuel, Álvaro, Parrilla, Iker, Hugo Varela (Lucas, m.58), Pablo, Zack e Tumbeiro (Izan, m.68).

Cortegada CF (2+0): Kike, Gabriel, Óscar (Christian, m.58), Roberto, Luis, Diego (Adrián, m.79), Mosquera, Abel, Totti, Dabarca (Juan José, m.77) e Alejandro.

Árbitro: Álvarez Blanco (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Roberto (m.87), Abel (m.90+3) e aos membros do corpo técnico Ismael (m.39) e Alonso Méndez (m.53) nos visitantes, que tamén sufrion a expulsión con cartón vermello directo de Gabriel (m.72).

Goles: 1-0, m.61: Iker. 2-0, m.72: Pablo. 2-1, m.75: Adrián Fernández. 2-2, m.83: Christian.

Incidencias: Encontro da eliminatoria de octavos de final a partido único da Copa Deputación Senior. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense. Uns 300 espectadores nas bancadas.