El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA-FASE DE ASCENSO

Os penaltis clasifican ao equipo Senior para a eliminatoria definitiva na Rúa

O Pabellón eliminou ao Ribadavia Atlético na primeira eliminatoria a partido único da Fase de Ascenso á Primeira Galicia na tanda de penaltis (3-4) despois de que o tempo regulamentario e a prórroga rematasen sen goles (0-0). Agora chega o partido decisivo co Rúa no Vicente Solarat.

Os de Luis Parada tiñan enfrene a un Ribadavia Atlético que levaba un pleno de vitorias no Xestal, catorce, e cun equipo moi xoven que nesta ocasión contou con varios xogadores do primeiro equipo xuvenil, mantivo á raia aos locatarios. O conxunto de O Ribeiro tiña ao seu favor o factor campo e por primeira vez nan tempada non gañou nin marcou.

O enfrontamento foi moi trabado, con poucas ocasións e xogado con moito respeto por ambos lados. Ninguén quería cometer fallos xa que este tipo de confrontacións pódense decidir por pequenos detalles e más a un partido.

Na prórroga os de Luis Parada tiveron maior disposición e gozaron de varias ocasións resoltas polo meta local e expabellonista Pablo, dando paso así aos penaltis.

Polos nosos anotaron Pablo, Zack, Carid e Hugo Varela, que anotou o decisivo. Tumbeiro fallou o seu lanzamento e o meta Bruno detivo unha pena máxima e outra foise foise fóra.

Partido decisivo

Deste xeito o próximo domingo será o partido definitivo no Vicente Solarat o vindeiro domingo diante dun Rúa que tamén obtivo o pase na quenda de penaltis diante do Taboadela nun choque no que tampouco houbo goles.

O equipo valdeorrés foi o campión do Grupo 3º cunha soa derrota en toda a competición e soamente cedeu un empate nos trece partidos que disputou no seu campo.

A outra eliminatoria para decidir o segundo ascenso será entre Seixalbo e Toén no Carqueixal. Os primeiros venceron (1-0) ao Viana e os segundos ao Maceda (2-1), ao que lle remontaron na segunda metade. 

FICHA TÉCNICA

Ribadavia Atlético (0+3): Pablo, Bangueses (Xoel, m.64), Álvaro, Gabriel, Kevin, Borja, Bruno, Tomás, Álex Veloso (Blas, m.60), Chao (Iker, m.64) e Kike.

Pabellón CF (0+4): Bruno, Aldán (Hugo Varela, m.69), Viso, Carid, Ron, Álvaro, Antón (Parrilla, m.74), Iker, (Iván, m.79), Pablo, Zack e Tumbeiro.

Árbitro: Martín Rodríguez, asistido nas bandas por Lista Rivera y Domínguez Del Pino (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Bruno, Álvaro, Tomás e Kike nos locais e a Iker, Aldán, Antón, Álvaro, Viso, Pablo e Hugo Varela nos visitantes.

Incidencias: Primeira eliminatoria da fase de ascenso á Primeira Galicia. Campo Municipal O Xestal en Ribadavia. O Pabellón pasou na quenda de penaltis.

Os penaltis clasifican ao equipo Senior para a eliminatoria...