El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

O Infantil A estará no playoff do título na División de Honra

O Infantil "A" do Pabellón CF obtivo pasaporte para o playoff polo título da División de Honra a falta de tres xornadas para o Final da competición e logo de vencer con solvencia (6-0) ao Val Miñor nos Remedios.

Os de Iván Alonso nestes intres son cuartos na táboa clasificatoria con 58 puntos, por detrás de Celta (76), Deportivo (69) e Val Miñor (61). Con tres partidos por disputarse teñen posibilidades matemáticas de ser terceiros, algo que condicionaría os posteriores emparellamentos.

No playoff os cruces son 1🆚️4 e 2🆚️3 a dobre partido co primeiro enfrontamento no campo do peor clasificado. Os gañadores xogarán a Final polo título galego a partido único en campo a determinar.

Parabéns a corpo técnico a xogadores👏 

O Infantil A estará no playoff do título na División de Honra