El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

COPA DEPUTACIÓN

Pasaporte para octavos da Copa Deputación do Senior nos penaltis

O Pabellón conseguiu o pase a octavos de final da Copa Deputación Senior ao vencer na tanda de penaltis ao Atlético Villarino da Primeira Galicia.

O tempo regulamentario finalizou con empate a un tanto despois de que os de Luis Parada xogasen toda a segunda metade con un home menos: 1-1 (4-2).

A primeira metade despachouse con empate a un tanto. Pablo adiantou aos pabellonistas e a un minuto do descanso un penalti moi riguroso que orixinou a expulsión do capitán local Carid, transformouno Pedro Sampayo para empatar.

Na segunda parte os pabellonistas, cun home menos, souberon aguantar a ofensiva dos visitantes e os de Luis Parada tiveron tres ocasións claras nas contras. Ao final do tempo regulamentariio o marcador non se movería máis dando paso á tanda de penaltis.

Nesta faceta os branquiverdes estiveron máis acertados, destacando a labor do meta Bruno ao deter dous lanzamentos, facilitando así a vitoria local por 4-2. Iván, Pablo, GabrIel Outeiriño e Zack acertaron dende os once metros, Non fixo falta un quinto lanzamento. Destacar o traballo de todo o equipo e de maneira especial toda a segunda metade en inferioridade numérica.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1+4): Martín (Bruno, m.46), Aldán, Ron, Viso, Álvaro (Iván, m.78), Carid, Parrilla (Hugo Varela, m.70), Peke (Martín Bernardo, m.46), Pablo, Zack e Carlos (Gabriel Outeiriño, m.81).  

Atlético Villarino (1+2): Campelo, Joshua, Dani Lamelas (Rodrigo, m.82), Jorge, Aléx (Iván, m.17) (Tesouro, m.58), Ismael, Sergio, David, Adrián (Borja, m71), Pedro e Pablo Sampayo.

Árbitro: Diéguez Nóvoa (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Álvaro (m.41) e Pablo (m.76) nos locais, que tamén sufriron a expulsión de Carid (m.44) con cartulina vermella directa. Ismael (m.42) e David (m.75) foron amonestados nos visitantes.

Goles: 1-0, m.34: Pablo. 1-1, m.44: Pablo Sampayo, de penalti.

Incidencias: Partido da eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa Deputación Afeccionado. Campo Municipal Miguel Ángel-Os Remedios.

Pasaporte para octavos da Copa Deputación do Senior nos penaltis