El tiempo
martes. 19.03.2024
El tiempo

Partido igualado no que o S.D. Compostela foi máis efectivo que o Pabellón

Pabellon CF_Partido
Pabellon CF_Partido
Unha xogada illada do equipo rival decide un encontro no que os nosos mereceron mellor sorte.

.O Pavillón saíu coa clara intención de levar os 3 puntos, pero foi o S.D. Compostela quén, cunha boa acción do seu dianteiro, marcou un gol que foi definitivo.

Carlos diante da portería, tras unha boa acción de Galego, non puido marcar un gol cantado. Foi a mellor acción dos locais na primeira parte, sendo superior pero sen xerar demasiado perigo. Tralo descanso, nos primeiros dez minutos, o Pabellón tivo 2 ocasións moi claras para empatar o partido.

O S.D. Compostela ben plantado e coas ideas claras, non xeraba excesivos problemas. Pablo tivo o 1-1, pero o seu disparo foi desviado polo porteiro ao pau. Tumbeiro tivo varias ocasións e non as materializou. No último suspiro Viso en boca do gol non remata ben.

Finalmente, o Pabellón paga a súa falta de gol e o S.D. Compostela leva un premio excesivo polo visto no campo.

Partido igualado no que o S.D. Compostela foi máis efectivo que o...