miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

ELECCIÓNS 2020

Paco Doforno será o novo Presidente

Francisco José Doforno Nóvoa (1959) será o novo Presidente do club a partir da Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o próximo martes 7 de xaneiro. A súa foi a única candidatura presentada dentro do prazo establecido.

 

A actual Xunta Directiva que encabeza Juan Francisco López Rodríguez "Juanín", anunciou en pleno proceso electoral que non optaría a un novo mandato e que soamente continuaría ata final desta tempada se non aparecía ningunha candidatura.

Finalmente, Paco Doforno, que fora xogador pabellonista, dende o que deu o salto ao Atlético de Madrid, presentou a súa candidatura e será o relevo na presidencia para os próximos catro anos.

Unha vez sexa efectivo o seu nomeamento de forma oficial deberá configurar o seu equipo directivo. Lóxicamente haberá un período de transición para pór ao día aos novos responsables do funcionamento da entidade pabellonista.

Da actual Xunta Directiva que finaliza o seu ciclo entre os máis veteranos está Juanín, que suma corenta anos na entidade nas que estivo como entrenador, directivo e as catro últimas como máximo mandatario, e Manuel Dopazo, que acumula corenta e cinco anos entre xogador, adestrador e secretario.

Paco Doforno será o novo Presidente