martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

Un Pabellón CF á alza recibe ao Dépor

Pabellón C.F. - R.C. Deportivo
Pabellón C.F. - R.C. Deportivo

Os branquiverdes reciben ao RC Deportivo o domingo 20 as 12:00 horas no Campo de Fútbol Miguel Ángel - Os Remedios na que será a oitava xornada da División de Honra Xuvenil. As 100 entradas dispoñibles para o encontro están esgotadas.

 

O noso Xuvenil “A” do Grupo 1-A da División de Honra xogará o segundo encontro consecutivo no seu feudo dos Remedios tras a vitoria a pasada xornada ante o CD Conxo de Santiago (2-0). 

 

Un rival de entidade

O seu rival será o RC Deportivo da Coruña, que marcha segundo na táboa con 4 victorias, 2 empates e una derrota, é segundo máximo artilleiro da categoría, tras o Celta, con 14 dianas a favor por 8 en contra, que lle valen para ser segundos con 14 puntos, a dous do líder, o RC Celta de Vigo.

 

Bo momento de forma e resultados

Por a súa parte, os de Cándido Gómez, chegan nun gran momento de forma e resultados, tras as vitorias ante o Racing en Ferrol e a citada ante CD Conxo. Os ourensáns son quintos tras sete encontros, con 10 puntos, 3 vitorias, tres derrotas e un empate. O equipo amortiza ao máximo a súa media de un gol por encontro. 

A súa fortaleza defensiva, levan 10 goles en contra pero 7 fóron dun mal día ante o Celta, é a gran baza dun equipo prácticamente formado por xogadores que estrean categoría.

 

Entradas esgotadas para ver o “ Mellor Equipo Promesa”

As 100 entradas que se puxeron a venta esgotáronse en poucas horas para ver ao “ Mellor Equipo Promesa” de Ourense, premio concedido na Gala Más Deporte do Diario La Región, que dará o partido en direto por a súa WEB e en diferido por Telemiño.

Un Pabellón CF á alza recibe ao Dépor