Configurada a Liga Nacional Xuvenil 23-24
Unha vez rematadas as competicións coas fases de ascenso xa quedou configurado o Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil para a tempada 2023-2024 cos dezaoito equipos participantes.
A data de inicio da competición podería ser a do 9 e 10 de setembro. Os dous primeiros clasificados ascenderían á máxima categoría e os dous últimos descenderían á Liga Galega.
Dende a División de Honra incorporase o Ural Español da Coruña como único conxunto galego descendido e acceden á categoría como campións do Grupo Norte o Victoria da Coruña e o Coruxo FC "B" do Grupo Sur. Procedentes das fases de ascenso en cada un deles, o Boiro deu o salto dende o Norte e o AJ Lérez dende o Sur.
Quedaron na categoría da pasada campaña: RC Deportivo "B", RC Celta "B", Pontevedra CF, Pabellón CF, CVC Valladares, Atlético Coruña Montañeros, UD Ourense, Bergantiños CF, CD Lugo "B", Racing Club Ferrol, Alondras CF, CD Conxo Santiago e Porriño Industrial.
Lembrar que CD Choco e Val Miñor foron os que ascenderon á División de Honra, mentres Xuventude de Oroso, Ural Español "B" e Calasanz descenderon, o primeiro deles polo efecto arrastre. O RC Deportivo "B" foi o campión.