O club súmase á "Operación Quilo" de Amencer
Achéganse datas especiais e queremos convidarvos a reflexionar acerca daqueles que non teñen a sorte de poder satisfacer as súas necesidades máis básicas.
Desafortunadamente, hai moitas familias que necesitan a nosa solidariedade, tamén preto de nós. Por iso queremos sumarnos como noutras oportunidades á Operación Quilo, baixo o lema O soño do compromiso, e respondendo á chamada de quen se esforza día a día en levar a súa axuda aos desfavorecidos.
Desde o Pabellón Club de Fútbol, xunto a outras entidades deportivas da cidade, colaboramos coa Asociación Xuvenil Amencer, que se encarga de achegar a axuda a Cáritas Diocesana que para a súa distribución.
Igual que noutras ocasións, animámonos a pedir a vosa colaboración para conseguir quilos de alimentos de primeira necesidade non perecedeiros para as familias máis desfavorecidas de Ourense.
A recollida, que se pode entregar na oficina do club no campo de Os Remedios, empezará este mércores 29 de novembro e ata finais do mes de decembro, data na cal faremos entrega dos alimentos recllidos a Amencer.