Lunes. 25.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 25.03.2019
El tiempo

1ª AUTONÓMICA XUVENIL

A solvencia ofensiva do Arenteiro foi letal

O Pabellón "C" da 1ª Autonómica Xuvenil viuse superado nos Remedios (2-4) por un Arenteiro moi resolutivo en ataque. Ao descanso os carballiñeses xa mandaban no marcador (0-2) nunha fase na que os pabellonistas tamén tiveron dúas ocasións moi claras, a mellor nun balón ao pao.

Na segunda metade os visitantes ampliarían distancias pero os loctarios reaccionarían ben para meterse de cheo no partido con dous goles de Antón (2-3). Este marcador presaxiaba un choque emocionante nos últimos quince minutos, pero serían os carballiñeses quenes abortarían a opción de empate dos pabellonistas anotando o cuarto tanto que pechaba o partido.

A solvencia ofensiva do Arenteiro foi letal