1-2 | Derrota inoportuna do Xuvenil "A" ante un rival efectivo

DOMINGO 20/10/2024 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 1 – ATLÉTICO ARTEIXO : 2 (1-2)
O equipo pabellonista viuse superado no seu feudo por un rival que con tres disparos á portería fixo dous goles e acabría levándose os tres puntos no partido correspondente á sétima xornada da Liga Nacional Xuvenil.
Os branquiverdes quedan na cuarta praza do grupo e pese á derrota manteñen o segundo posto de ascenso. Perderon unha gran oportunidade de conseguir unha renda importante sobre os perseguidores no caso de haber gañado.
A escuadra local dominou ata a media hora de xogo nunha fase na que o rival non cehgou á meta defendida por Abraham. Un claro penalti sobre Soriano transformouno o capitán ourensán para situar o 1-0.

Nun espazo de catro minutos o Atlético Arteixo daríalle a volta ao partido nos dous primeiros disparos á portería. O empate (31´) foi nun lanzamento directo de falta executada por Hugo que entrou pola escuadra e pouco despois (35´) Luca anotaba o segundo.
Soriano tivo unha oportunidade para empatar pero o seu remate petou nun defensor saíndo fóra e o primeiro tempo consumiuse cun Pabellón tocado pola remontada do rival.

Segunda parte
Os segundos corenta e cinco minutos foron de un dominio abrumador dos pabellonistas. Houbo ocasións para, polo menos, rescatar un punto, pero a falta de fortuna no remate e dúas intervencións de moito mérito do meta arteixán Izan mantiveron a portería intacta. Incluso houbo tempo para a polémica ao reclamar un penalti os locatarios por un agarrón a Álex García.
Pola súa parte o conxunto visitante chegou nunha oportunidade ao área local nunha contra que rematou cun disparo que detivo Abraham.
Ao final non puido ser e os branquiverdes cederon os tres puntos na primeira derrota no Miguel Ángel. Toca pasar páxina e pensar no seguinte rival, que será o Victoria da Coruña en terras herculinas.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago (Guti, m.46), André, Ander (Bruno, m.72), Julián (Gómez, m.56), Álex Riveiro, Soriano, Cougil e Mociño (Álex García, m.56).
Atlético Arteixo: Izan, Asier, Diego, Pablo (Adrián, m.84), Luca (Roque, m.75), David (Iker, m.65), Jairo (Remuiñán, m.84), Hugo (Álex, m.75), Pastoriza, Xoel e Maceiras.
Árbitro: Rubén Castro Fernández, asistido nas bandas por Lamelas Belmonte e Rodríguez Iglesias (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Jorge (m.74) nos locais e a Xoel (m.28), Izan (m.73), Diego (m.76) e Maceiras (m.89) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.22: Soriano, de penalti. 1-1, m.31: Hugo. 1-2, m.35: Luca.