El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

O Xuvenil A busca a primeira vitoria ante o CD Arenal

J5-PabellónCF-CDCalasanz_16
J5-PabellónCF-CDCalasanz_16

O Xuvenil da División de Honra viaxa este sábado a Asturias para enfrontarse ó CD Arenal as 17:00 horas, na que será a terceira xornada da Fase de Permanencia.

O Pabellón Ourense CF afronta este sábado dende as 17:00 horas no campo de fútbol El Tramagón de Gijón, unha das tres finais que lle quedan por diante para tentar lograr a permanencia. O equipo asturiano do CD Arenal será o primeiro escollo que terán os ourensáns para lograr a tan ansiada permanencia, premio menor despois da gran primera fase realizada por os raíces de Cándido Gómez.

Tras empezar esta Fase con dous empates consecutivos, CD Tropezón e TSK Roces, ambos partidos con empate a un gol, os branquiverdes teñen unha nova oportunidade de seguir alexándose das posicións de descenso, que neste intre ocupan CD Choco e o propio CD Arenal, ambos con 20 puntos.

Os da capital das Burgas son segundos con 24 puntos, 4 por riba do descenso, e con dous menos ca o Real Oviedo, líder do Grupo I-D, grupo con 10 equipos dos que tan só os 4 primeiros permanecen na categoría raiña do fútbol xuvenil.

O Pabellón chega o partido coa dúbida do dianteiro José, que sufríu un forte golpe na perna no pasado partido diante o Roces que o obrigou a pedir o cambio. O resto do plantel, salvo Aarón, estará dispoñible para viaxar a Asturias este sábado.

 

 

Jornada 3  

 - sábado 24-04-2021

REAL OVIEDO     17:00   C.D. CHOCO 
REAL AVILES C.F     16:30    C.D. CALASANZ 
C.D. ARENAL      17:00     PABELLON OURENSE C.F. 
TSK ROCES     16:00    RACING CLUB FERROL

 

  - domingo 25-05-2021

C.D. TROPEZON       12:00    C.D. CONXO SANTIAGO
O Xuvenil A busca a primeira vitoria ante o CD Arenal