Nova experiencia no Torneo Míchel Salgado co Infantil A este sábado
Despois da participación en xuvenís e cadetes, o club tamén terá presenza na categoría infantil do Torneo Intercontinental Míchel Salgado que se vai a disputar este sábado na Cidade Deportiva de A Madroa e o campo José Costas.
A participación será de dezaséis equipos repartidos en grupos de catro conxuntos. Este venres haberá unha fase previa da que sairán os equipos que completen a Fase Final.
Os de Iván Alonso, que debutarán esta tempada na recentemente creada División de Honra, terán como rivais no Grupo B ao SC Braga, UD Santa Mariña e a un dos clasificados desde a previa.