A Escola de Iniciación ao Fútbol "López Iglesias" tivo este luns na cancha central do Pabellón dos Remedios, unha nova actividade fóra da habitual que ven desenvolvendo semanal.
Consistiu na disputa dun partido informal en varios tempos, como xa se fixeran con outras Escolas, cos nen@s do Cidade das Burgas FS na que participaron nenos nados nos anos 2017, 2018 e 2019.
Este martes terán nova cita no Colexio Marista e o xoves viaxarán ata Xinzo de Limia para manter un encontro coa escola local e a de Celanova. Recentemente desenvolvéronse dúas Xornadas de Portas Abertas coa participación de 32 cativos.
A actividade da Escola rematará o xoves da próxima semana e pronto estarán abertas as inscricións para a tempada 2024-2025.