Non houbo goles no debut do Senior contra o Polígono nunha cita intensa

O debut do Pabellón na Primeira Galicia contra o Polígono saldouse cun empate sen goles (0-0) no campo de Os Remedios. Sen embargo uns e outros tiveron oportunidades para que o marcador final non acabesa como empezou.

Durante aproximadamente os primeiros quince minutos de partido o cadro industrial estivo mellor que os branquiverdes e nese periodo os visitantes levaron perigo á meta ben defendida por Julián. O rival aproveitou a súa maior envergadura física para levar moito perigo en accións a balón parado.

A partir desa fase as cousas pareceron nivelarde algo máis e os de Luis Parada gozaron dun par de accións peigosas nas botas de Mauro. A máis clara foi un dobre remate do celanovense que en primeira instancia repeleu no pao e o rexeite caeulle novamente pero o seu disparo sacouno un defensa contrario cando o balón entraba na portería. Mauro tamén non chegou a un balón ante a saida do porteiro Pablo.

Entretanto, o meta local Julián tivo que empregarse a fondo nunhas tres accións do rival para manter a súa porteria a cero e no medio de eso Langa abandonaba o terreo de xogo (23´) entrando no seu lugar o xuvenil Aarón. Deste xeito, e baixo unha intesa calor, chegaríase ao descanso.

Segundo tempo

Na segunda metade, durante uns vinte e cinco minutos, os pabellonistas estiveron mellor. A saída do campo do industrial Julio permitiu que os locatarios tomasen as riendas do partido pasando a controlar esa zona. Unha falta lanzada por Marcos desviouna Pablo nunha boa intervención. A maiores foille anulado un gol a Numan por fóra de xogo.

O Polígono, con varios trocos que lle deron osíxeno, gañou metros nos últimos quince minutos nos que asediou a meta de Julián. Dúas boas intervencións do limiao e un balón a cruceta permitiron que o marcador non de movese nese tramo.

Luis Parada

Ao final do partido o técnico local valoraba o punto "creo que foi merecido, ben traballado nun partido moi disputado". Á hora de analizar o enfrontamento, Luis Parada explica que "non estivemos ben durantes uns dez minutos ao principio, despois tomámoslle o pulso ao partido xerando ocasións como o balón ao pao e o posterior remate que sacou un defensa debaixo da porteria e unha saída do seu porteiro aos pés de Mauro".

Na súa visión da segunda parte sinalaba que "na segunda metade, antes do cambio no sistema do Polígono, estivemos ben ata que, na prolongación do partido, someteronnos cos cambios que fixeron que melloraron o que tiñan no campo".

Para finalizar Luis Parada aseguraba que "quedo coa competitividade do equipo ante un equipo recentemente descendido que vai ir a máis".

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (0): Julián, Aldán (Víctor Gándara, m.66), Iván, Araújo, Álvaro, Langa (Aarón, m.23), Mauro, Cacha (Berni, m.80), Numan (Cristian, m.75), Pancho (Rober, m.55) e Marcos.

ACD Polígono (0): Pablo, Fede, Manuel, Gustavo, Paredes, Brais (Iván, m.64), Kike (Marcos, m.64), Juan (Ledo, m.57), Julio (Calviño, m.46), Lin (Víctor, m.46) e Brais Álvarez.

Árbitro: Martín Rodríguez, asistido nas bandas por Pérez Quintas y Zaragoza Teixeira (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Cacha (m.65) e Julián (m.90) nos locais e a JUan (m.64), Calviño (m.67), Gustavo (m.74) e Víctor (m.90), que viu unha segunda amonestación rematado o partido.

Incidencias: Partido da xornada inaugural da Primeira Galicia. Campo Miguel Ángel-Os Remedios con tarde moi calurosa.