FÚTBOL 11
OFICIAL | Movemento de adestradores nos xuvenís
A Dirección Deportiva do club informa do movemento de adestradores que afecta aos dous equipos xuvenís e que xa son efectivos dende este martes.
Por unha parte, Xoel Docampo pasará a desempeñar a función de segundo adestadror, xunto a Iván Alonso, do equipo da Liga Nacional cubrindo a marcha de Brais Silva.
Mentres, Luis Javier Silva "Choco", na foto desta información, incorporase como novo técnico do conxunto da Preferente Xuvenil, no que seguirá como axudante José Manuel Piñeiro, que chegou ao club a mediados do mes pasado.
Luis Silva "Choco", con titulación UEFA A, adestrou con anterioridade nas categorías Senior ao Covadonga, Bande, Monterrei, Arenteiro "B" e Ribadavia Atlético.
Foto: La Región