El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

Moito traballo pero sen recompensa

Pabellón CF
Pabellón CF
Partido disputado na mañá de onte no Miguel Ángel-Os Remedios entre o noso Xuvenil A e o Real Sporting de Xixón.

Inicio do partido igualado, pero con poucas ocasións de gol. Os nosos intentaron trenzar xogadas e o Sporting sendo contundente atrás e buscando fútbol directo.

Tras o paso polos vestiarios, os nosos saíron moi enchufados creando ocasións pero sen finalizar. No minuto 67 o rival adiantouse no marcador cun gol de Gilberto que aproveitou un rexeite tras unha boa intervención de Bruno.

Comezamos a xerar ocasións, pero de novo sen rematar. Nunha desas ocasións, Mauro ten ocasión de disparar a portería, non o fai e róubannos o balón para iniciar un bo contragolpe no que Samuel fai o 0-2.

No minuto 89 de partido, Justino realizou unha xogada individual que rematou cun remate a portería e o noso gol.

No desconto os nosos intentárono ata o pitido final, pero o marcador xa non se moveu.

Destacar o debut de Manuel, do xuvenil B, que fixo un bo partido sobre todo na primeira metade.

Estamos vendo novas ideas despois do cambio de corpo técnico, pero seguimos cometendo erros que supoñen a perda de puntos.

Hai que seguir traballando.

#serdopabemola

Moito traballo pero sen recompensa