Millán Fernández, novo adestrador do Xuvenil B
Millán Fernández Villar (Ourense, 1992) é o novo adestrador do Xuvenil B da Liga Galega recollendo o testigo de Guillermo García despois da saída deste ao Verín da Preferente Galicia.
O novo preparador chega á entidade branquiverde despois da súa experiencia como preparador físico no Ourense CF (Preferente) e como adestrador dúas tempadas no CD Arenteiro, contribuindo ao ascendo dos carballiñeses á 2ª RFEF e nesta mesma campaña co CD Lugo na Segunda División, nos tres casos como colaborador de Fran Justo.
Millán Fernández xa estará no adestramento deste mércores, aínda que o corpo técnico do primeiro equipo Xuvenil será o encargado de facer a transición durante toda esta semana para que o novo inquilino do banquiño do Pabellón "B" coñeza en profundidade ao equipo.
O segundo equipo Xuvenil loita pola permanencia na categoría a falta de seis xornadas para a finalización da competición. O próximo rival será o Ourense CF no campo Miguel Ángel-Os Remedios.