Martín Fernández, no banquillo do Cadete A

A Dirección Deportiva do club deu conta da incorporación para estaa tempada 2025-2026 de Martín Fernández Madarnás como adestrador do Cadete "A" que milita na División de Honra.

O novo técnico branquiverde, coa máxima titulación -Uefa Pro- ten pasado como xogador no club e logo xogou no Sporting Celanova, Arenteiro e Barbadás.

O inicio dos adestramentos está marcado para o 6 de agosto ás 19 horas no campo Miguel  Ángel-Os Remedios e o comezo da competición está fixada para a fin de semana do 13-14 de setembro.

¡Benvido e moita sorte Martín!