Reunión cos pais dos nenos da Escola de Iniciación este martes nos Remedios

Para este martes 6 de setembro ás 17 horas, na grada do campo de fútbol Miguel Ángel-Os Remedios, quedou fixada a reunión cos pais dos nenos inscritos na Escola de Iniciación "José Luis López Iglesias" para o curso 2022-2023. Lembrar que a inscrición está aberta para nenos nados nos anos 2016, 2017 e 2018.

A xuntanza servirá como presentación do novo Director Deportivo, da actividade e tamén será a título informativo sobre o funcionamento da actividade en canto a grupos, horarios e dúbidas que se poidan plantexar.

Está previsto que o curso comece a partir do 12 de setembro. Para calquera dúbida pódese contactar con Manu Morgade, Director da Escola, no teléfono 678330416.