El tiempo
jueves. 02.05.2024
El tiempo

ESCOLA DE INICIACIÓN

Manu Morgade volve á casa branquiverde como Director da Escola de Iniciación

O club deu a coñecer este venres o nomeamento de José Manuel Rodríguez Morgade "Manu", como Director da Escola de Iniciación "José Luis López Iglesias"

Manu formouse no club nunha longa traxectoria que comezou desde alevíns ata a súa última etapa como xuvenil na División de Honra. O seu último partido como branquiverde foi nesa categoría contra o RC Deportivo en Elviña en maio do 2003. Desde o primeiro como alevín nun amigable contra o Calasancio ata esa última cita completou oito tempadas como pabellonista.

Posteriormente firmaría por CD Ourense vestindo durante catro tempadas a elástica vermella. Logo chegaría unha extenso ciclo de dez campañas ao fichar polo CD Lugo, co que ascendería á Segunda Divisón. Un gol seu na tanda de penaltis en Cádiz facilitou o salto do equipo lucense ao fútbol profesional e desde esas mantívose na categoría de prata do fútbol nacional. Posteirormente estivo no Elche e logo no Coruxo.

No medio de toda esas experiencias, Manu aproveitou para facer os cursos das Escolas de Adestradores e na actualidade ten a titulación de Nivel 1 e 2. Aínda en activo con 38 anos (Suiza, 1984), acaba de fichar polo Ourense CF da 2ª RFEF. Dado que os de Oira adestran  pola mañá. iso permitiralle ter o control absoluto da Escola de Iniciación, un pilar básico na estrutura do Pabellón CF. A actividade comezará o 12 de setembro e o periodo de inscrición segue aberto.

Manu Morgade volve á casa branquiverde como Director da Escola de...