El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

VOLVE AO CLUB DESPOIS DE MOITOS ANOS

Marco Antonio Vázquez Fortes adestrará ao equipo de Liga Galega Infantil

Marco A.

Marco Antonio Vázquez Fortes será o encargado de adestrar ao infantil “A” de Liga Galega do club na tempada 2020-2021.

Felipe Quintela como representante da directiva do club, da a benvida a Marco A. Vázquez Fortes (Marquitos) na dirección do noso equipo Infantil “A”, que este ano participará na Liga Galega Sur. Tamén exercerá como Coordinador da nosa Escola, que este ano incorpora a tódolos colexios que xestionaba a Escola Deportiva Ourense.

Marquitos é adestrador Nacional Nivel 3 e ten o título de Técnico Deportivo Superior de fútbol. Os seus comezos foron no noso club, na tempada 1992/93 e durou ata a 2001/02 adestrando en tódalas categorías. Estivo tres anos no Real Sporting de Gijón como adestrador e tutor na residencia de xogadores de Mareo. Volveu o Pabellón C.F. na tempada 2005/2006 para adestrar o Xuvenil de Liga Nacional. Volveu marchar e adestrou en diferentes equipos da provincia C.D. Ourense, onde tamén exerceu de Director Deportivo, Arenteiro C.F. (Senior Preferente). Tamén estivo en Monforte adestrando no C.P. Calasancio e Club Lemos (Senior Preferente). Na tempada 2014/15 comezou una etapa de seis anos no Ourense C.F. que compaxinou este último ano adestrando no Amoeiro C.F. (2ª Autonómica).

Tamén exerceu de adestrador en Fútbol Sala en diferentes equipos conseguindo varios Campeonatos Galegos de base.

Como xogador estivo dende os 5 ata os 19 anos no noso club. Tamén xogou no Ponte Ourense C.F. onde ascendeu a 3ª División, Poligono C.F. e Soutopenedo C.F.

“A competitividade axúdanos a superarnos, a millorar en certas áreas, pero nunca debe ser unha obsesión para nós”.

Marco Antonio Vázquez Fortes adestrará ao equipo de Liga Galega...