El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

XUVENÍS

Máis grupos xuvenís do club comezarán a adestrar

Foto riego-campo-escudo
Despois do inicio dos adestramentos do conxunto da División de Honra, que comezará a competición o 1 de novembro recibindo ao Ural da Coruña, a próxima semana entrarán en escea os restantes xogadores en idade xuvenil da entidade.

O vindeiro luns 26 de outubro ás 18.30 horas está previsto que se poña a traballar un primeiro grupo de xuvenís e o martes ás 18.45 horas entrará en escea o segundo. Uns e outros estarán baixo as órdes de Guillermo García e Marcial González.

Deses grupos de xogadores sairán as plantillas dos equipos de Liga Galega e 1ª Autonómica, os cales aínda non teñen data de comezo da competición.

En ambos casos os deportistas non poderán utilizar os vestiarios do recinto de Os Remedios e deberán cumprir os protocolos de control da temperatura e desinfección de calzado e mans para acceder á instalación. Non estará permitida a entrada a outras persoas.

Máis grupos xuvenís do club comezarán a adestrar