O "Mago de Molgas" segue sumando como profesional
O portal Galicia Exterior publicou recentemente unha entrevista co exbranquiverde David Ferreiro "Pesqui", que chegou no mercado de inverno ao Málaga CF da 1ª RFEF. O fino xogador nado en Baños de Molgas (1988) chegou como reforzo do conxunto andaluz despois dunha dilatada carreira dentro do fútbol profesional. O 1 de abril cumprirá 36 anos.
Despois de sair en idade xuvenil do Pabellón ao CD Ourense, o centrocampista avanzado acumula un amplo historial no fútbol profesional tras xogar no Atlético Cidade Lorquí, Zamora, Cádiz, Racing de Santander, Hércules, Lugo, Huesca e Cartagena.
David Ferreiro lembra na entrevista a súa etapa de formación no conxunto pabellonista antes de iniciar esta longa traxectoria futbolística con dúas tempadas en Primeira División, dez en Segunda e o resto entre a antiga Segunda "B" e a 1ª REFE.