Liga Nacional Xuvenil
A Liga Nacional Xuvenil arranca a fin de semana 10 e 11 de setembro
A Real Federación Galega de Fútbol anunciou que a data de comezo da competición na Liga Nacional Xuvenil será a do fin de semana do 10 e 11 de setembro.
Haberá dous ascenso directos á División de Honra e descenderán dous equipos á Liga Galega, máis os arrastres que poidan orixinarse dende a máxima categoría para deixar o Grupo 1º nos dezaoito equipos que sairán esta tempada 2022-2023 e que son os seguintes:
Pabellón CF (descendido DH), ED Val Miñor (descendido DH), Pontevedra CF (descendido DH), RC Celta "B", RC Deportivo "B", CD Lugo "B", CD Conxo Santiago, CD Calasanz, CD Choco, Bergantiños CF, Alondras CF, Racing Ferrol, Porriño Industrial, Ural Español CF "B", ED Xuventude Oroso (ascendido), Atlético Coruña Montañeros (ascendido), CVC Valladares (ascendido) e UD Ourense (ascendido).