Primeira Galicia

O líder levouse os tres puntos tras quedar o Senior con dez

Durate algo máis de media hora plantou cara o Pabellón ao líder da Primeira Galicia nos Remedios, pero a expulsión de Cabrera por dous cartóns amarelos no minuto trinta e catro no na desaproveitou o Allariz para un par de minutos despois anotar o primeiro da tarde por medio de Víctor Gallego. Un cuarto de hora antes, os branquiverdes víronse obrigados a efectuar un troco pola lesión de Pablo Langa danto entrada a Cacha.

Cos locais cun home menos e o marcador en contra o partido foi de claro cor visitante, aínda que ata o ecuador da segunda metade non chegaría o segundo dos alaricáns firmado novamente por Víctor Gallego. Nos seguintes catro minutos o partido quedaría totalmente pechado con dúas novas dianas de Sobrino e Anxo.

Con esta derrota os pabellonistas acumulan sete xornada sen gañar e agora ocupan o farolillo vermello do grupo con 20 puntos. Na próxima xornada visitan ao Velle no Campo da Aira. A permanencia, de momento e pendente dos posibles arrastres que poda orixinar a Preferente, está a un punto.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (0): Julián, Rober (Miguel Ángel, m.58), Cabrera, Mario Langa (Araújo, m.66), Álvaro, Carracedo, Mociño, Pablo Langa (Cacha, m.16), Pancho (Aldán, m.58) e Caseiro (Carid, m.66)

CD Allariz(4): Arón, Corbi (Gavilanes, m.36), Eiró, Álvaro, Veloso, Anxo, Paco (Javi Conde, m.66), Iker Rodríguez (Aitor, m.70), Víctor Gallego, Iker (Julen, m.61) e Sobrino.

Árbitro: Fernández Froiz, asistido nas bandas por Vázquez Álvarez e Guzmán Falcón (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Sergio (m.8) e Pancho (m.34) nos locais, que tamén sufriron a expulsión de Cabrera por dobre cartón amarelo (m.18 e 34).

Goles: 0-1, m.36: Víctor Gallego. 0-2, m.62: Víctor Gallego. 0-3, m.64: Sobrino. 0-4, m.66: Anxo.

Incidencias: Partido da xornada vinte e sete da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.