O lider gaña nos Remedios

Na primeira metade os nosos estiveron moi ben plantados no terreo de xogo e o Celta non tirou nada. Os nosos tiveron varias ocasións, pero nun desaxuste defensivo, chegou o primeiro gol do Celta. David de la Iglesia rematou fóra da marca. Tras o gol, o Celta foi o dominador do encontro. Ao bordo do descanso, o Pavillón tivo varias ocasións que non se concretaron. Co 0-1 fomos ao descanso.
Na segunda metade, o Celta foi dominador do encontro e proba diso é que no 55´ David de la Iglesia dende a frontal, marcou un auténtico gol pola escuadra e Bruno Rielo non puido facer nada para evitalo. Minutos despois Fer López inventou unha xogada incrible que remataría cun disparo cruzado de Martín Conde, que faría o definitivo 0-3.
Con esta derrota, o Xuvenil A segue sin atopar o camiño da vitoria.
Forza rapaces!
#SerdoPabeMola