División de Honra Xuvenil

O líder foi moito rival para o Xuvenil "A", que descende á Liga Nacional

O Pabellón caeu de forma contundente na Madroa fronte ao líder. Coa derrota e a victoria do Ural, os nosos perden a categoría a falta de dúas xornadas para o final da competición: 9-0
undefined

O Celta non deu opcióins aos nosos durante os noventa minutos e xa ao final da primeira metade as cousas pintaban moi mal para os branquiverdes co 3-0 qiue campeaba no marcador.

No segundo tempo a superioridade do rival diante dun xoven cadro pabellonista, deixou seis goles máis para os olívicos, que están a loitar polo título.

A derota, unido á victoria do Ural diante dun xa salvado Covadonga, orixina o descenso do noso equipo á Liga Nacional despois de dúas tempadas consecutivas.

FICHA TÉCNICA

RC Celta (9): Brais, Javi Rodríguez, Martín Conde (Meixús, m.46), Javi Labrada, Tobías (Diego, m.65), Manu Fernández, Jesús Ares (Álvaro Santos, m.56), David, Aitor Mañas (Staci, m.65), Fer López e Lucas Antañón (Hugo Álvarez, m.65).

Pabellón CF (0): Bruno, Izan, Viso, Langa (Manuel, m.56), Iago Outeiriño (Adrián, m.65), Justino, Pablo, Esteban (Parrilla, m.56), Hugo, Carlos (Raúl, m.65) e Tumbeiro (Amills, m.56).

Árbitro:  Calderón Álvarez, asistido nas bandas por Seijo Bardanca e Arredondas Fernández. (Comité Gallego). Amonestou a Meixús (m.84) nos locais..

Goles: 1-0, m.4: Aitor Mañas. 2-0, m.37: Jesús Ares. 3-0, m.39: Lucas Antañón. 4-0, m.48: David. 5-0, m.74: Hugo Álvarez. 6-0, m.76: Fer López. 7-0, m.83: David. 8-0, m.85: Fer López. 9-0, m.90: Diego.

Incidencias: Partido correspondenteá  trixesimosegunda xornada da División de Honra Xuvenil. Ciudade Deportiva da Madroa en Vigo.