O xuvenil A perdeu pola mínima.

É habitual que nos nosos partidos o equipo entre un pouco frío o partido e lle costou arrancar, hoxe non foi un día distinto. Varias ocasións do equipo visitante cunha presión alta impedíanos saír xogando co balón e provocou varios erros dos nosos.
Co paso dos minutos fomos igualando a posesión do balón e creando perigo con varias ocasión de Tumbeiro y Gallego.
A volta dos vestiarios unha falta lateral colgada o segundo pau, finalizou cun remate a bocajarro que Bruno non puido evitar. 0-1.
O corpo técnico fixo varios cambios e comezamos a xerar ocasións, dous tiros o largueiro, faltas laterais, córners...pero non foi suficiente. Unha derrota por la mínima que deixa ós nosos en posición de descenso.
Moito ánimo e a traballar duro.
#serdopabemola