viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

“CONTARÁ COMO AXUDANTE CON LUÍS PARADA”.

Julio Casanova adestrará ao equipo Prebenxamín

Julio Casanova será o encargado de adestrar ao equipo Prebenxamín na tempada 2020-2021. Terá como axudante a Luís Parada.

José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de Julio Casanova na dirección do noso equipo Prebenxamín, que xogará en 1ª División. Terá como axudante a Luís Parada.

Julio Casanova ten o título Uefa “B”. Os seus inicios como adestrador foron de axudante  nos equipos A.D. Vilariño, Xuvenís do C.D. Ourense, A.D. Vilamarín e Ferreira de Pantón.

De adestrador estivo 5 anos no C.D.C. Santa Teresita e 2 no Ourense C.F.

Como xogador formouse no noso club e despois estivo no C.F. 21. En idade Senior xogou no C.F. 21, C.D. Allariz, A.D. Vilamarín, C.D. Coles, Taboadela, C.D. Toen e C.D. Cea.

“O meu obxectivo como adestrador é que o meu equipo sexa moi competitivo, intentando crear un bo ambiente na plantilla coa intención de que os xogadores estean ansiosos para o día de adestramento e partido, coa intención de estar o máis preto do primeiro posto.

A miña intención no xogo é tomar a iniciativa cun xogo combinativo con accións rápidas preto da área creando as máximas ocasións posibles”.

Julio Casanova adestrará ao equipo Prebenxamín