viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

SERÁ AXUDANTE NUN EQUIPO DO R.C. CELTA DE VIGO

Juan Carballo adestrará ao equipo Cadete de Primeira Autonómica

Juan Carballo será o encargado de adestrar ao equipo Cadete de Primeira Autonómica do club na tempada 2020-2021. Tamén será axudante nun equipo de F-8 do R.C. Celta de Vigo

Manuel Meiriño como Director Deportivo e Felipe Quintela como representante da directiva do club, fan a presentación de Juan Carballo na dirección do noso equipo Cadete Promesas, que este ano participará na Primeira Autonómica.

Juan Carballo posee o título de Monitor de fútbol e esta tempada obtivo o título Uefa “B”. Leva adestrando dende fai cinco anos en equipos do club e un na S.D. Arrabaldo.

Como xogador iniciouse no C.D. Arenteiro e na idade Cadete fichou polo noso club chegando a xogar na División de Honra Xuvenil.

“Encántame o que fago. Quero que os rapaces e mais eu melloren cada día en materia de fútbol e persoal. Pretendo potenciar o atrevemento, dinamismo, compromiso, ilusión e unión.”

Juan Carballo adestrará ao equipo Cadete de Primeira Autonómica