viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

FORMOUSE NAS CATEGORÍAS BASE DO ATHLETIC DE BILBAO

José Antonio Valverde Besga adestrará ao equipo Benxamín “B” do Pabellón EDO

J. Antonio Valverde (Tonino)  será o encargado de adestrar ao equipo Benxamín “B” do Pabellón EDO na tempada 2020-2021.

José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de J. Antonio Valverde (Tonino) na dirección do noso equipo Benxamín “B” do Pabellón EDO, que xogará en 2ª División.

J. Antonio Valverde (Tonino) ten o título de Técnico Superior en Animación Actividades Físicas e Deportivas e o título Técnico Superior en Fútbol, adestrador Nacional.

Comezou como Coordinador da Escola de fútbol base do Pontevedra C.F.

Como adestrador de Base estivo nas categorías inferiores do Pontevedra C.F., E.M. Carballiño, E.D.C. Celanova, Ourense C.F. e un ano no noso club.

En categorías Senior adestrou no Pontevedra C.F. e no Verín C.F.

Como xogador formouse nas categorías base do Athletic de Bilbao. Chegou a ser internacional coa selección española Sub-17 e Sub-18 e xogou competicións europeas (Copa da UEFA) co Vitoria Sport Clube de Guimaraes.

Xogou en 2ª e 2ªB en España e en 1ª e 2ª en Portugal nos equipos Bilbao Athletic, Basconia C.F., S.D. Lemona, G.D. Chaves, A.D. Fafe e Pontevedra C.F.

“En canto ao adestramento de fútbol formativo, ​​debemos atopar o equilibrio entre formar e competir, iso é o máis complicado, o neno non entende  a formación como os adestradores, quere gañar por encima de todo”

 

José Antonio Valverde Besga adestrará ao equipo Benxamín “B” do...