El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

FORMOUSE NA CANTEIRA DE C.D. OURENSE, PABELLÓN C.F. Y R.C. DEPORTIVO DE A CORUÑA

Jorge de Dios adestrará ao equipo de División de Honra Cadete

Jorge
Jorge de Dios será o encargado de adestrar ao  Cadete “A” de División de Honra  do club na tempada 2020-2021

Manuel Meiriño como Director Deportivo e Felipe Quintela como representante da directiva do club, fan a presentación de Jorge de Dios na dirección do noso equipo Cadete “A”, que este ano participará na División de Honra.

Jorge de Dios é graduado en Traballo Social e ten o título Uefa “B” de fútbol. Será a súa quinta tempada como adestrador. Tres anos no Xuvenil “A” do C.D. Velle e o ano pasado no Xuvenil “A” de Liga Nacional da U.D. Ourense. Tamén debutou a tempada pasada como Seleccionador Ourensán SUB-13.

Como xogador pasou pola canteira de C.D. Ourense, Pabellón C.F. e R.C. Deportivo de A Coruña. Tamén xogou dúas tempadas no C.D. Barco de Terceira División onde decidiu deixar de xogar despois de cinco operacións de rotura do ligamento cruzado en ámbolos dous xeonllos.

“Para min un bo equipo é aquel onde os xogadores habitualmente toman boas decisións. É fundamental que os xogadores, dentro dunha estrutura, teñan a posibilidade e a confianza para desenvolver todo o seu talento. Coraxe, atrevimento e sentimento de pertenza.”

Jorge de Dios adestrará ao equipo de División de Honra Cadete