El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

COMUNICADO

O club ten planificada a vindeira tempada á espera das datas das competicións

Fondo verde

O Gabinete Xurídico do club está a estudar o protocolo da volta a actividade anunciado pola Real Federación Galega de Fútbol, aprobado pola Xunta de Galicia, para fixar as datas de inicio dos adestramentos.

En base a ese protocolo o club emitiu o seguinte COMUNICADO:

Ante a situación que estamos a vivir, a planificación da tempada 2020-2021, está condicionada pola evolución da pandemia.

O noso obxectivo é comezar coa actividade tan pronto como sexa posible. A Real Federación Galega de Fútbol vén publicar o protocolo de seguridade contra o COVID-19 para poder adestrar. Unha vez estudado polo Gabinete Xurídico do club e logo de que se confirmen, de xeito oficial, as datas de comezo das diferentes competicións; o club comunicará cua suficiente antelación, o inicio dos adestramentos aos deportistas.

En todo caso a pesar das circuntancias que estamos a vivir, poñemos a sua disposición o formulario de preinscrición pinchando aquí, tanto para os deportistas que formaron parte do club na tempada anterior como para os que desexen incorporarse por primeira vez. Unha vez cuberto, deberá envialo á seguinte dirección de correo electrónico: [email protected]

Nos próximos días daremos a coñecer os nomes dos adestradores en cada unha das súas categorías.

A Xunta Directiva

O club ten planificada a vindeira tempada á espera das datas das...