Os infantís Thiago e Iago, a Madrid coas Seleccións Galegas

A Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer as convocatoria das Seleccións Galegas Sub-14 e Sub-16 que participarán do 1 ao 3 de novembro na localidade madrileña de Boadilla do Monte na Primeira Fase do Campionato de España. Madrid e Canarias serán os rivais galegos no campo Condesa Chinchón.

No equipo Sub-14 están convocados os pabellonistas Thiago Pérez e Iago Fernández, este último ocupando unha das prazas obrigatorias como Sub-13.

O primeiro é un dos porteiros do Infantil "A" e o segundo xoga como centrocampista no Infantil Promesas. Reseñar que nesta Selección está o ex branquiverde Tiago Caamaño, agora nas filas do RC Deportivo.

Tamén no equipo Sub-16 está o ex pabellonista Hugo López, que milita no RC Celta.

VER MÁIS INFORMACIÓN.