A Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer o calendario da División de Honra Infantil para esta tempada 2024-2025 na que o Pabellón iniciará a competición visitando ao ED Val Miñor.
Na segunda xornada os branquiverdes adestrados esta tempada por Moncho Salgado terán un derbi capitalino contra o recén ascendido Ourense CF no Miguel Ángel-Os Remedios.
O último partido de Liga levará aos pabellonistas ata terras viguesas para medirse ao CD Areosa.
A fecha de comezo desta categoría que suma tres campañas dende a súa creación, está marcada para a fin de semana do 14 e 15 de setembro.