Seleccións Galegas
O infantil Teo Fernández, coa Galega Sub 14
Teo Fernández, xogador do Pabellón Promesas da Preferente Infantil, foi novamente convocado para participar no partido de preparación da Selección Galega Sub 14, neste caso para optar a unha das prazas Sub-13, que terán lugar este mércores no Cidade Deportiva de A Madroa. A cita está marcada para as 19 horas contra un equipo do RC Celta.
Será a última proba do equipo que adestra Lalo González xa que a 1ª Fase do Campionato de España será do 31 de outubro ao 2 de novembro na localidade pontevedresa de Poio.
Canarias, Asturias e Melilla serán os rivais galegos na 2ª División depois de que a RFEF variase o formato da competición. O ascenso é o obxectivo dos nosos.
VER CONVOCATORIAS E MÁIS INFORMACIÓN.
Parabéns por esta convocatoria!!!