El tiempo
sábado. 26.11.2022
El tiempo

COPA DEPUTACIÓN - 2ª INFANTIL

O Infantil B xa coñece o seu rival para as semifinais da Copa Deputación

Este luns celebrouse o sorteo das semifinais da Copa Deputación Deputación de Segunda Galicia Infantil na sede da RFGF en Ourense. O CD Rúa B será o rival dos branquiverdes nunha cita que terá unha longa espera xa que está programada para o 17 de maio do 2023.

O outro emparellamento medirá á ED Ourense B co EDC Verín B. Os vencedores de ambas eliminatorias loitarán polo título na final que está marcada para a fin de semana do 17 e 18 de xuño do 2023.

Nestes momentos na competición ligueira os pabellonistas ocupan a primeira praza do grupo único desta categoría por mellor diferenza de goles que o Bosco B ao estar ambos con 18 puntos. Ambos suman unha derrota.

O Infantil B xa coñece o seu rival para as semifinais da Copa...