El tiempo
domingo. 28.04.2024
El tiempo

AROUSA FÚTBOL 7

Histórica participación do Pabellón na Arousa Fútbol 7 de categoría alevín

O Pabellón completou a súa mellor participación na Arousa Fútbol 7 Sub-12 que se disputou desde o venres e ata este domingo no campo de A Senra en Ribadumia. Os nosos chegaron ata as portas das semifinais.

Os branquiverdes conseguiron acceder á segunda fase como terceiro clasificado do Grupo "C" no que gañaron a Deportivo (1-0) e Valencia (4-1), para caer ante Barcelona (4-0) e Manchester City (5-0).

No cruce das primeiras elimonatorias superaron ao Real Betis (3-1) e posteriormente caeron na segunda rolda que daba acceso ás semifinais contra o Español de Barcelona (5-0). O Pabellón foi o equipo galego mellor clasificado desta XXV edición.

A vitoria final foi para o Atlético de Madrid, que gañou nos penaltis ao Barcelona despois de que o tempo regulamentario rematase con empate 3-3.

O equipo madrileño tamén apeara na eliminatoria de semifinais ao Español de Barcelona na quenda de penaltis, nun choque que rematara sen goles (0-0).

VER TODOS RESULTADOS

Histórica participación do Pabellón na Arousa Fútbol 7 de categoría...