El tiempo
miércoles. 29.11.2023
El tiempo

ESCOLA DE INICIACIÓN

Un grupo da Escola, de actividade complementaria no Miraflores

Un amplo grupo da Escola de Iniciación do club desprazouse este martes ata o Colexio Miraflores para desenvolver unha actividade complementaria á que veñen realizando semanalmente. Foi unha interesante actividade deportiva e de convivencia a modo dun partido con seis tempos de cinco minutos.

Todos pasaron unha agradable xornada no polideportivo cuberto do centro. O club quere agradecer ao Colexio Miraflores as facilidades dadas para o desenvolvemento desta actividade e o trato recibido.

Un grupo da Escola, de actividade complementaria no Miraflores